Ata o comezo desta tempada, o Hispanidade Fútbol Sala xogara un total de 46 veces, e tan só en dous deles conseguíu manter á súa portería a 0. Foi na primeira tempada de existencia do clube, cando o "A. Hispanidad" militaba no grupo 4 da Liga Local viguesa, e gañara por 0-15 ao Picacho no Berbés e ao ANPA IES Beade por 14-0 no Instituto de Beade.
Dende entón ata o comezo desta Liga, o Hispanidade sempre recibía alomenos un gol en cada encontro, e parece que isto está cambiando. O HFS - Café Sur leva tres partidos seguidos sen encaixar un gol, e o maior mérito reside en que leva tres partidos tendo que alinear a un xogador de campo na portería, xa que Pablo Seoane non asistíu por motivos persoais e o outro porteiro, César, é baixa por enfermidade.
Contra o Treboada, foi Antonio o porteiro; contra o San Martiño, Bombi; e onte turnáronse entre Germán e Moreira (éste último amosou moitas cualidades como porteiro).
Contra o Treboada, foi Antonio o porteiro; contra o San Martiño, Bombi; e onte turnáronse entre Germán e Moreira (éste último amosou moitas cualidades como porteiro).
Parece que o traballo defensivo vai en mellora cós de Suso Recouso, xa que despois de empezar renqueantes (no primeiro partido encaixaron 10 goles e no terceiro 7, entre eles o Colexio Alba na segunda xornada só foi capaz de marcarlles un tanto).
Hai que mirar hai un mes para lembrar o derradeiro gol que encaixaba o equipo, era fronte ao Fonte do Galo e o Hispanidade gañaba 6-10 cando Dani paraba un dobre penalti a Jony e éste aproveitaba o rexeite con Dani no chán. Dende entonces, non hai quen marque na portería celeste.
2 comentarios:
queremos ver unha entrevista o maximo goleador na historia do hispanidade
beeef
Publicar un comentario