O Hispanidade gañou hoxe o seu derradeiro partido do ano antes do parón de nadal. Os xogadores teñen vacacións agora ata o 12 de xaneiro, cando se enfrontarán ao Montecastelo, líder invicto da Primeira División que está a tres puntos.
O partido comezou cun ritmo elevado con ocasións constantes nas dúas porterías, pero o Hispanidade soubo calmar o partido e aos cinco minutos gañaba 4-0 con dous goles de Álex Reza e outros dous de Álex Martín, que xa van pichichis do equipo con 9 goles cada un. Posteriormente Suso Recouso daba descanso aos goleadores e metía no campo a Diego e Álex Iglesias. Diego creou perigo e estivo perfecto atrás con Bombi, mentres que Álex Iglesias estaba un pouco aillado na punta de ataque.
O Carmelitas logrou recurtar distancias despois dun rexeite de César, que debutaba hoxe na portería e na segunda parte fixo unhas intervencións acertadísimas. Na seguínte xogada o Carmelitas metía tamén e o partido xa estaba 5-2. Germán fixo unha xogada persoal e marcou o sexto do equipo, e logo o Carmelitas puxo a réplica no marcador co 6-3.
Na segunda metade o dominio do Hispanidade fíxose maior, e os xogadores do Carmelitas só tocaban o balón despois de entradas durísimas aos xogadores celestes que nin sequera foron sinaladas como falta. Germán aproveitou a ocasión para marcar dous goles máis e Álex Reza e Álex Martín marcaron un máis cada un, formando unha dupla en ataque envidiable.
Nunha xogada na que Álex Reza deixoulle o balón na liña ao seu tocallo, o defensa do Carmelitas a paraba en dous tempos como un auténtico porteiro, e foi expulsado mentres que Bombi transformaba de forma exquisita o penalti, con adicatoria especial.
Nos derradeiros minutos, Moreira pasou a ser a referencia en ataque do equipo, e desperdiciou algunha ocasión para facer máis goles, mentres que Diego fixo tres xogadas persoais de exquisita factura. A primeira foi un tiro dende fóra do área que deu no pau do Carmelitas, despois de driblar ante a defensa; a segunda terminou en gol, despois de irse en velocidade do seu defensor e axustar o tiro, e a terceira ocasión foi unha xogada persoal súa que deixou a Moreira só na liña para empurrala.
Despois destas ocasións o partido baixou o ritmo e o marcador foi o mesmo ata o pitido final.
FOTO 2007/2008
Na foto: Aldo; Diego, Moreira, Álex Iglesias, Bombi; Suso Recouso. Abaixo: Álex Reza, Germán e Álex Iglesias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario