Tí es @ visitante número:

31.1.08

Copa do IES do Castro




ÉSTE VENRES, FINAL INSÓLITA:
NEWTEAM - PERDIERON


Nas semifinais do martes quedou apeado o FC Ratas Peludas, no que militan os xogadores do Hispanidade Álex Martín, Bombi, Moreira e César. Na final haberá un ex-xogador do HFS: Pablo Estévez, que xoga cos Perdieron.

O Perdieron, que xa gañara ao Ojete Avizor de Raúl, Antón, Sito, Aldo, etc..., gañoulle á partida ao FC Ratas aproveitando moi ben as súas oportunidades; e co 2-0 o Ratas baixou os brazos ata chegar a un apabullante 6-2 (os das Ratas tiñan o cansancio acumulado de eliminar aos Montalbos de segundo de bacharelato en Cuartos e de xogar contra o Lar o sábado...).

Na outra semifinal, as Únicas perderon contra un Newteam liderado por Julián Londoño "El Webón" que errou cantidade de goles a porta baleira pero puxo o espírituo e a casta para remontar un partido que gañaban as mozas ao descanso por un apretado 4-3. Ao final: Únicas 5, Newteam 7.

En Baloncesto, o campión de Liga "Santa Justa Clan" perdeu de dous en semifinais contra o "Al-Jarabello B", grazas a que Óscar Cós anotou dous tiros libres nos derradeiros segundos. Hoxe o "Nombre del Equipo" gañaba 30-29 ao "Fútbol Club" clasificándose tamén para a final do venres. Por tanto "Al-Jarabello B" e "Nombre del Equipo" xogarán a final no Castro Center o día do Entroido.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet