O HISPANIDADE DEIXA ESCAPAR ALGO MÁIS QUE TRES PUNTOS
Hai un mes, o Hispanidade loitaba polo título nun duelo pechado co Montecastelo, agora mesmo da case por perdido o título de Liga a base de pequenos detalles.
A de hoxe é a terceira derrota da tempada do equipo celeste. A primeira xornada o Lar deu unha paliza a un equipo que aínda estaba en proceso de adaptación, e a xornada anterior o Hispanidade perdía os tres puntos por falta de xogadores. A de hoxe foi unha derrota sen apelativos.
Ás baixas de Germán e Ali había que sumarlle que Moreira e Marcos xogaron tocados, pero aínda así os oito xogadores que foron hoxe a Bouzas estiveron á altura en todo momento.
Na primeira metade o Hispanidade encomendouse ás paradas dun grandísimo César e saíndo as contras con Diego (hoxe espléndido) e o debutante Héitor, que fixo un bo papel. Foi o propio Diego quen abríu o marcador cun disparo cruzado mediada a primeira metade, e Álex Martín poría o 2 a 0 minutos despois cun tiro de falta que colleu descolocada á defensa. Logo o Hispanidade baixou o listón e Bombi empleouse a fondo na defensa, cortando tódolos balóns e saíndo co balón nos pés. Impecable. Tamén César que hoxe parou o imposible.
O Lar acurtou distancias nun erro da zaga local e así foise ao descanso.
O Lar acurtou distancias nun erro da zaga local e así foise ao descanso.
Na segunda metade o Lar empatou e o Hispanidade daba mostras de cansancio, pero Marcos inventábase xogadas na media e Diego as culminaba, e nunha destas chegou o terceiro do Hispanidade obra de Diego.
Logo os celestes puideron aumentar a vintaxe pero non houbo fortuna, e a falta de tres minutos o Lar empataba despois dun erro no despexe de Álex. Co partido "tolo", o Lar marcou o gol da vitoria despois dunha falta clarísima a Marcos que non foi pitada.
Os tres puntos para o ED Lar, que xa está a seis, e o Montecastelo escápase a nove (dos que aínda quedan por xogar os dous partidos). Cunha miragre, o Hispanidade aínda pode...
No hay comentarios:
Publicar un comentario