Tí es @ visitante número:

5.1.08

SELECCIÓN DE VIGO 7 - 6 SELECCIÓN DE OURENSE

ASÍ, SÍ, VIGO


A Selección Viguesa levouse o partido despois dos imprevistos de traslado de pista por o mal estado do Pavillón do Frontón. Ao final, nunha pista Central cunha boa entrada, os pupilos de Aldo e Suso (que aínda non coñecen a derrota no fútbol sala vigués como parella de adestradores) impuxéronse aos ourensáns cun gol agónico a 30 segundos do final do partido, co que Álex Martín levou a gloria dun partido trabado no que os vigueses amosáronse en todo momento superiores, sen facer nunca ampla a súa vintaxe e que ao final puido custarlle caro. Nun partido no que xogaron cinco compoñentes do HFS, tres puntos para Vigo, que terá que puntuar en Chantada e gañar os dous partidos fronte a Pontevedra e estará na Gran Final do Campionato Galego. Cecáis sexa falar moito, pero o primeiro paso está andado.



- - - - -



CRÓNICA DO HOOLIGAN MIOUSKAR:


Nos primeiros intres parecia que a selección ourensana podería domina-lo choque, xa que comezaron a rotar dende o primeiro minuto de xogo. Pese a isto os xogadores vigueses non se asustaron, presionando a dez metros e esperando aos ourensáns atrás, e en pouco máis de dous minutos Álex Martín anotaría o primeiro tanto para a escadra viguesa, nun contragolpe ben levado pola dupla dianteira do Hispanidade (os dous Álex, Martín e Reza), desantando así a euforia no bando da casa, que estivo en todo momento arropada por decenas de siareiros detrás do seu banco. Tralo gol de dito señor, chegaron outros dous tantos máis de seguido, chegando ao minuto 5 cun 3-0, goles de Álex Fernández Reza os dous, que hoxe consagrouse coa viguesa.
Despois destes tantos os ourensáns achegáronse máis á portería defendida por Manuel Ángel (o xove porteiro que está a xogar na Primeira División xuvenil), e nun erro de entendemento entre éste e Fran (normal, se pensamos que Fran e Manuel Ángel se coñecían dende unha hora antes do partido) chegou o primeiro gol ourensán, un gol que como o Red-bull, deulle alas.
Dicir que pese a que Fran marcou ese primeiro tanto ourensán en propia meta, o mellor do partido foi a defensa de dous que aplicaron con tantísima solvencia o citado Fran e o incombustible Leo, ambos no Colexio Labor e que estiveron a piques de fichar polo HFS. Fran marcaría antes do descanso para ires ao banquiño con dous goles de vintaxe.
No segundo tempo entraron de cara Marcos, Moreira e Bombi, o trío hispanidense, acompañados na defensa por Leo, e na portería Anxo do Celso Emilio. Notouse o cambio de equipos xa que Ourense aplicaba unhas estratexias ben pulidas nos adestramentos, e é ben sabido que o Hispanidade non adestra, pero notábase unha lixeira desvintaxe técnica. Moreira creaba perigo pero Vigo non conseguía pechar o partido, Marcos "O Ligón" facía o que podía e aplicábanse moi ben en defensa, chegando Bombi nunha contra a mandar un balón rozando a escadra.
No seguínte balón ourense acurtaría distancias despois dunha xogada de córner e o trío de adestradores vigués optaría por quitar do campo aos tres hispanidenses e meter ao quinteto inicial de novo (Anxo tivo que saír xa que o pantalón que tan amábelmente lle cedeu a FGFS rachou na primeira estirada, e non había outros, por tanto Manuel Ángel voltou á acción). Álex Reza volveu a levantar ao público cun gol e logo o porteiro vigués desbarataría duas claras ocasións da selección ourensana.

A falta de poucos minutos, Fran marcou un gol (vídeo) de bela factura despois de varios rexeites, e Ourense conseguíu empatar agónicamente nos derradeiros intres.
Cando todos daban por bó o empate, Leo roubou un perigoso balón no medio do campo e botou a correr cara á portería de Ourense, e en vez de tirar e probar sorte, tocoulla a un Álex Martín que estaba só no segundo pao e marcou de maneira estelar un gol precioso.
Neses derradeiros trinta segundos Vigo saíu a meter o oitavo e nada máis, final, tres puntos moi merecidos para unha selección sen adestrar e na que a súa Delegación pouco confiaba. Que continúe a racha.




- - - - -



VÍDEOS DUN BÓ GOL DE FRAN (6-4) E DO GOL DA VITORIA E O FINAL DO PARTIDO (ÁLEX MARTÍN, 7-6):




4 comentarios:

Anónimo dijo...

Fuimos un grupo vigués, y volveremos a ser, lo que fuimos ayer (8)

[Siniestro Total]



Vamos Vigo !!

Anónimo dijo...

GRande aldo Grande




q arias sin un fotografo profesional xDDd


un abrazooo

Anónimo dijo...

la vamos a liar la vamoas a liar...




vamos ostia jejej aun k sufrimos kn lo enanmos eses jeje



para la proxima un video entero del partidoo


firma el negro**

Anónimo dijo...

buuuuuufffff simplemente enorme....menuda tension en el banquillo....


vamos vigo!!!!!!

Suso

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet