VIGO QUEDA ÁS PORTAS DA FINAL
Chantada 4 - 3 Vigo
Ás oito da mañán os catorce xogadores e tres técnicos vigueses xa estaban metidos no autobús, sen embargo a Chantada non chegaron ata ás once menos cinco, (cinco minutos antes da hora de comezo do partido).
Dende ás dez da mañá esperaban no Pavillón Municipal de Chantada deceas de siareiros vigueses, ben abrigados contra o frío lugués, con todo tipo de materiais para animar (bombos, tambores, micrófonos, bandeirolas, bufandas... e incluso moitísimas gañas), sen embargo hoxe o único que faltou foi a sorte.
A pesares de saír ao partido sen quentar, algo IMPROPIO dun Campionato a nivel autonómico organizado pola Federación Galega, Vigo barreu a Chantada en tódolos sentidos, menos no marcador.
Os técnicos puxeron sobre o campo a un cinco inicial composto por Manu na portería e os catro fantásticos do Labor acompañando, e deu resultados xa que Fran abríu o marcador cun zapatazo culminando unha xogada en equipo aos poucos minutos. Danny, un xogador que contou pouco para os adestradores as derradeiras xornadas, fixo un partidazo con boísimas asistencias e un traballo espléndido en defensa.
A selección local non vía a bola diante, e Manu a penas tocou o balón na primeira metade, pero unha falta desviada pola barreira acabou en gol dos locais. Unha mágoa, por que era cando Vigo mellor o estaba a facer.
Foi entonces cando entrou en ataque a dupla atacante formada por Yoni e Andrés, do Celso Emilio e do Salesianos respectivamente, que creou constante perigo, sen dar por perdida ningunha bola e facendo lucirse ao porteiro local.
Co 1-1 pasou unha cousa moi curiosa e que define como é o Campionato Galego no que xogan unha chea de rapaces e parece unha tomadura de pelo. O marcador contaba que quedaban 20 segundos cando Álex Martín recibíu unha falta, sonou o pitido final pero o árbitro de mesa non avisou ao árbitro, que seguíu co partido ata que os adestradores vigueses lle avisaron, pero o máis curioso é que só transcurriran 20 minutos, e os árbitros estaban convencidos de que non había máis que ese tempo por parte segundo o estipulado pola Federación. Aldo Dagraza e Suso Recouso fóron a falar con eles no descanso ensinándolles os documentos recibidos polos vigueses durante a semana, e acabaron dándolles a razón, acordando xogar unha segunda metade de 30 minutos.
Nesta "especial" segunda metade Vigo saíu moi enchufado, coa dianteira do Pazos de Borbén formada por Diego e Jacobo. Nos primeiros balóns crearon moitísimo perigo e nunha contra Diego finalizou exquisitamente dándolle vintaxe aos vigueses. Logo tivo un cara a cara co porteiro e éste aínda non sabe como lle rexeitou no corpo e foi a córner...
Os vigueses gañaban pero non se escapaban no marcador, e nun saque de porta dos vigueses o dianteiro local interceptaba o saque de Manu e marcaba no cara a cara. Voltaba o empate e desta vez Aldo e Suso cambiaron de estratexia, saíndo a presionar arriba. E funcionou, Leo adiantou aos vigueses de novo.
Os vigueses gañaban pero non se escapaban no marcador, e nun saque de porta dos vigueses o dianteiro local interceptaba o saque de Manu e marcaba no cara a cara. Voltaba o empate e desta vez Aldo e Suso cambiaron de estratexia, saíndo a presionar arriba. E funcionou, Leo adiantou aos vigueses de novo.
Logo Vigo seguíu errando de cara a porta, contando ata cinco tiros ao poste de Chantada, Andrés e Leo recibiron duras entradas polo que tiveron que ser trocados (ao final Andrés se recuperaría), e Chantada marcou nun rexeite dun tiro de falta. Co empate no marcador Vigo saíu á desesperada arriba, na procura dun gol que os metese na final do Galego, pero o balón non quixo entrar e xa no derradeiro minuto Chantada marcaba o gol da vitoria nunha contra ben levada.
Primeira derrota de Aldo e Suso como tándem de adestradores, dende que comezaran hai tres meses a adestrar xuntos ao Hispanidade - Café Sur.
Vigo quedou ás portas da fase final pero facendo un papel dignísimo, que había anos que non se vía na categoría cadete da selección olívica.
Dende esta web queremos felicitar á Selección viguesa alevín, que estivo animando aos cadetes e que deu todo un recital de Vigo no seu partido contra Chantada, facendo as delicias dos siareiros vigueses. Os rapaces de Pelucas (hoxe ausente) estarán o vindeiro domingo na final do Campionato Galego de Seleccións, e de seguir así seguro que gañan.
3 comentarios:
o aldo o
ubo una gran aficion con multiples canticosxDd
nos lo merecimos todo y no nos llevams nada...no lo entiendo...la aficion de 10 y nosotros deberiams haber conseguido mas...pero la suerte lleva dos partids sin estar de nuestro lado y x eso estamos fuera...fue una experiencia unica, de risisimas cn pring kach en el bus a lo salvaje y algo muy grande!!!!!
felicidades seleccion!!!
suso
esta bien gente es una pena pero el fubol es lo k tiene pero aora vais a junto de alfonso i le decis a tomar x kulooo jodeteeee parece mentira el año mas desastroso de todos k llaman a dos xavales apoenas sin esperiencia luego no se entrena nadaaa i llegamos mas lejos k nuncaaaa aunk este año yo kreo k abia ekipazo lastima k muxos jugadores no sean profesionalmente jugadores de sala i no pudieran nakudir kmo es el kaso de un xogon kmo alí jeje soi yooo jejeje no pero joder m jodio keri aportar mi granito aparte buaa aor ak lo pienso k emocion a todos os siareiros buff k putadaaa jeje un besooo misteres!!! ganaremos la liga no os preokupes
Publicar un comentario