APRÁZASE O ENCONTRO ENTRE OS DOUS MELLORES EQUIPOS DE PRIMEIRA (ATA O MOMENTO) POLO MAL ESTADO DA PISTA
Seica en Travesas, na oficina da Federación, non sintonizan ben a tele e aínda non viron aquela publicidade de Gadis que reza "En Galicia temos orballo, chuvia, chuvia e máis chuvia", e tampouco estiveron atentos ás previsión meteorolóxicas desta semana para a que daban intensas chuvias. Pero o que é máis preocupante, é que non se asomasen á fiestra para ver estes días a chuvia e granizo que caía.
O dito, o partido non se xogou (¿alguén o dubidaba?). O campo do Colexio Montecastelo tiña máis agua que o Titanic, e antes de comezar o árbitro suspendeu o partido (que presumíbelmente xogaráse no parón de Carnaval).
Os xogadores de ambos equipos desputaron unha "pachanga" nun pavillón de reducidas dimensións no que o dominio foi similar pero o Hispanidade levou o gato ao auga (pero non ao campo descuberto) grazas a unha maior pegada.
Marcaron Álex Reza, Germán e Marcos (dous cada un) e tamén Álex Martín e un sorprendente Suso un gol cada un. O resultado final foi de un 3-8 sen importancia.
Suso xogou de porteiro para os de Hispanidade, con Álex M., Álex Reza, Germán e Marcos, con Pichu no banquiño facendo de revulsivo. O bravo xogador do Coruxo e axudante dos adestradores da Selección xogou hoxe ao finalizar o seu ¿partido? (ao Coruxo B tamén lle tocou ir ao Montecastelo para botar unha pachanga) co equipo celeste.
Logo Suso reconvertíuse en pívot para lembrar vellos tempos e o primeiro balón que tocou mandou un zapatazo imparábel que entrou por toda a escadra local. A afición estalaba en euforia e o adestrador, seleccionador, xogador do Nigrán B e ex-porteiro do Don Bosco respondía con xogadas de mérito, taconazos, paredes e ruletas (e todo isto sen descuidar por un momento a defensa).
Ao final do encontro Pichu e Suso formaron a dupla de ataque visitante e Álex Reza pasou á portería, amosando que ás palomitas tamén se lle dan ben (foto superior) e facendo unhas intervencións que emulaban ao lexendario porteiro do HFS Aldo Dagraza (algúns din que xa hai rexambio).
Ao finalizar o amigable houbo amago de facer un calendario porno (para recaudar fondos) entre os xogadores do Hispanidade pero a proposta do Fotógrafo oficial do clube non se levou a cabo, e ao final as fotos só fóron das palomitas de un Álex Reza que quedou no campo a practicalas ao finaliza-lo encontro.
É unha mágoa que fagan á xente ir ata alí cando teñen mañá un partido da selección moitos, ou cando teñen cousas que estudar ou que facer na casa, ou mesmo descansar para xogar pola tarde cós seus equipos, movilizando a pais e compañeiros para que suban aos rapaces a un partido que de sobra se sabe que non se vai xogar, estando o campo nunhas condicións impracticables, impropias dunha Liga de Primeira División nunha categoría como é a cadete.
3 comentarios:
MIS notas Marca según lo que vi hoy, xD ya que es lo único que os importa ratas:
PICHU: Como portero está echo un crack y en el campo mucho postureo y poca efectividad. Un 5 raspao xDDDD
GERMÁN: Se encargó bien de su vigalla e hizo sus jugaditas a lo Messi a parte de abrir el marcador con un golazo de los buenos. Un 9.
MARCOS: Lo hizo muy bien, en su línea, y marcó dos chicharros. 8.
ALI: Lo mejor fue cuando quedó de portero, el resto del partido bien haciendo de las suyas e intentando vaselinas. 8.
ALEX: Sólo marcó uno el ratilla pero no lo hizo mal, aunque para lo tarde que era estaba muy sobao de dios xD. 7,5.
SUSO: Sin palabras. 10.
DIEGO: no le apetecía jugar y se quedó escuchando música. 3,5 sólo por animar xD.
[b]ale hispanidade ale alee[/b]
jejejej i la amdre de ger i el adre de markos k kasi se poenen de defensas un 5 x el amago ejje
Publicar un comentario