Tí es @ visitante número:

10.1.08

UN FIN DE SEMANA COMPLETO




SELECCIÓN DE VIGO









Hoxe adestrou en Hispanidade o equipo que presumíbelmente irá este domingo a Chantada a xogar a derradeira xornada da fase de grupos.


Faltaron Álex Reza e Marcos Sarmiento por motivos persoais e Fran Suárez por enfermidade, Manuel Angel tamén faltou por un malentendido co corpo técnico, pero viaxará a Chantada co grupo.


Hoxe adestraron por primeira vez Jhony, o rápido dianteiro do Fonte do Galo, e Jonhy do Celso Emilio Ferreiro, compañeiro no Independiente de Moreira, Bombi e Álex Martín.


Os dous forman parte da convocatoria de once que fixeron hoxe Aldo e Suso, coa única sorpresa de que só haberá un porteiro (o citado Manuel Ángel), e das baixas de Germán Otero e Álex Reza que irán co seu equipo de fútbol once.


Ésta é a convocatoria completa:

· CDM - Bembrive FS :
- Manuel Ángel
· Celso Emilio Ferreiro:
- Jonathan Pérez
· Colegio Labor:
- Fran Grosio,
- Leo Sánchez,
- Jaco Garrido,
- Danny Pérez
· Fonte do Galo:
- Jonathan Díaz
· Hispanidade Café Sur :
- Sergio Aldao "Bombi",
- Adrián Moreira,
- Álex Martín,
- Marcos Sarmiento





Os xogadores deberán estar ás 08.00 horas da mañá na porta do Pavillón das Travesas para partir no bus da Federación cara a Chantada (O partido é ás once horas no Pavillón de Chantada).







HISPANIDADE FÚTBOL SALA - CAFÉ SUR




O Hispanidade xógase o sábado (12.00 horas. Colexio Montecastelo) ás opcións ao título de Liga fronte ao líder. O equipo de Hispanidade conta con numerosas baixas (Bombi, Moreira, César) por compromisos cos seus clubes de fútbol.

Está previsto que acudan: Germán, Álex Martín, Álex Reza, Marcos Sarmiento, Diego, Álex Iglesias, Seo na portería e Bertolito (que retomaría o fútbol sala). Tamén está pendente unha nova fichaxe.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet