Tí es @ visitante número:

15.2.08

¿Un Hispanidade xuvenil?





Voltaremos a ver xogar xuntos aos Cañada, Aldo, Antón, etc...? É ben sabido que sempre foi o soño dos directivos, facer un equipo xuvenil entre amigos e volver a disfrutar cada sábado cós partidos, coas previas, coas viaxes en autobús, polas tardes comentando o partido, facer ceas e comidas, xuntanzas... Pero nunca a opción estivo tan aberta como agora.

O Hispanidade plantea facer un equipo para a tempada que ven, en Liga Local xuvenil, e con xente comprometida co proxecto que acuda a tódolos partidos. O Hispanidade por tanto deixaría de ter á súa base en xogadores de fútbol once e faría un equipo menos técnico e máis "currante", que adestraría a lo menos un día á semana.

Tamén se aborda o problema do campo, pero como o IES do Castro está á espera de que lle pechen a pista de fútbol sala para facer unha especie de pavillón, o equipo pediría xogar ahí como local e adestrar no mesmo. É difícil, xa que a directiva do centro mostrouse reacia cando se fundou o Hispanidade, pero esta directiva acaba o mandato en xuño e pode ser que a nova adopte posicións máis sociables.

En principio os xogadores que se mostraron en todo momento dispostos a acudir á chamada dun novo HFS son David Cañada, Aldo Dagraza e Óscar Rodríguez, Sergio Ferreiro e Brais Rodríguez (ex xogadores do Castro - San Miguel contra o que xogaba o Hispanidade o primeiro ano). Tamén o Hispanidade presentará unha oferta formal ao actual adestrador dos cadetes, Suso Recouso, para que forme parte do clube co seu olfato goleador, e lembremos que os actuais xogadores dos cadetes pasan todos á categoría xuvenil, por tanto podería haber incorporacións.

Antigos xogadores do Hispanidade como Antón, Raúl ou Samu (que só xogou un torneo co equipo) meditan á súa volta, e incluso o equipo contactou con Patxi (Balaídos) e Cassidy (Ureca) que estarían dispostos a formar parte plenamente do equipo deixando de lado o fútbol.

Para o que son básicamente as infraestruturas, o novo Hispanidade conta en principio cun patrocinador fixo, a academia THE GLOBE, que cecáis podería facerse cargo dunha parte dos elevados gastos da competición. Amáis disto o equipo buscaría alomenos dous patrocinadores máis, para repartirse os gastos. Está previsto que se lle presente un presuposto ao Café Sur, principal patrocinador do Hispanidade este ano, e a algunhas outras empresas.

Tamén cabe a posibilidade dunha fusión entre o VIGO 2015 FS e o noso clube, facendo dous equipos, adestrados por Pelucas. O Vigo faríase cargo dunha importante parte dos gastos, xa que é un clube moito máis grande que o Hispanidade e conta con máis saídas, e os nosos xogadores formarían o segundo equipo. No primeiro estarían os xogadores deste ano que aínda lles queda outro ano na categoría e novas fichaxes de Pelucas, pero a diferencia está en que o primeiro equipo seguiría coma este ano: sen adestrar; o segundo, o que plantexan os nosos rapaces, non contempla a opción de non adestrar, xa que quere crecer coma conxunto.

Ésta opción colle forza dende que Aldo Dagraza e Pelucas puxéronse en contacto para facer un equipo conxunto en cadetes o vindeiro ano, deixando o Hispanidade a praza e o Vigo poñendo a xente e os adestramentos. Pelucas púxolle unha oferta a Aldo e Suso enriba da mesa para que poidan seguir adestrando a ese equipo, que previsiblemente levará aos rapaces de infantiles que este ano suben a cadetes.

Polo de agora non hai nada decidido, todo son conxeturas, pero o proxecto é ilusionante e a xente está a traballar duro para conseguir facer dun soño unha realidade.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet