Tí es @ visitante número:

15.2.08

Unha derradeira oportunidade

EN CASO DE GAÑÁ-LO PARTIDO APRAZADO, O HISPANIDADE PODERÍA DISPUTA-LO CAMPIONATO GALEGO


Estas semanas a Delegación de Vigo anda revolta pola marcha do ata o de agora coordinador, e por tanto aínda non se sabe moi ben como serán as fases de clasificación dos equipos vigueses para os campionatos galegos.


O que sí que se sabe é que a fase final, coma tradicionalmente acontece, xogaráse o vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas.

Acontece que para esa data, ás ligas de Base aínda non estarán rematadas, por iso faráse unha especie de "plai-off" entre os dous primeiros (no mellor dos casos os catro primeiros) e o gañador xogará contra o campión de Pontevedra, xogando o pase á fase final.


Dáse a circunstancia de que a primeira volta do Hispanidade aínda non rematou, xa que ten pendente o partido contra o líder (Montecastelo) que foi aprazado por mal tempo. Nestes momentos o Montecastelo pasaría a ese plai-off, e acompañaríanno o HFS ou o Lar. O ED Lar rematou a primeira volta con 21 puntos, e +10 goles a favor no golaverage. O Hispanidade estaría con 18 e +6 nestes momentos, o que significa que de gañarlle ao Montecastelo de cinco goles (algo moi difícil, pero non imposíbel) daría o paso aos celestes ao "plai-off", onde volvería a atoparse co Montecastelo, agora mesmo en horas baixas.


O malo é que aínda que o Montecastelo estea en horas baixas (gañou aos equipos de abaixo pedíndo a hora), o Hispanidade aínda pior. Non coñece a vitoria no que va de ano, (dúas derrotas, un empate e un aplazado) e baixou da segunda praza da clasificación á quinta en cousa dun mes.


É a oportunidade perfecta de levanta-la cabeza!

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet