Tí es @ visitante número:

31.3.08

Bombi, mundialmente coñecido


Bombi, no seu debut no IES do Castro co Hispanidade



Parece ser que o defensa central do Hispanidade, Sergio Aldao "Bombi", que nos últimos tempos está a destacar polo seu temple e poderío no terreo de xogo, agora tamén destaca polas súas dotes cinematográficas, i é que parece ser que a semana pasada, o humorista Andreu Buenafuente escolleu un vídeo do citado xogador que aparece en youtube para mostralo no seu espazo en LaSexta, no que aparecía Bombi xunto a dous compañeiros bailando o famoso "Chiki-chiki" nunha praza concurrida da cidade italiana de Venezia.



Bombi posando para Dolce & Gabbana, "de paso que estaba en Italia..."




O citado vídeo pertence a unha colección de vídeos que os alumnos do IES do Castro que viaxaron a Italia con motivo da fin de curso, fixeron en terras italianas a semana antes á semana santa. Entre os que viaxaron estaban Champi e o citado Bombi.


De ser certa a información que nos chegou, Bombi sería toda unha estrela. Aínda que o pareza, seguro que os "actores" de este "inusual" vídeo non estaban baixo os efectos dalgunha substancia psicotrópica, son así de campechanos sempre. Hai que dicir que o xogador xa está en contacto có programa para mediar na posibilidade de recibir unha remuneración polas súas posibéis aparicións futuras no espazo televisivo, ademáis de recibir unha recompensa polo da semana pasada. Así mesmo convida a Buenafuente a recibilo no seu plató (ao que promete acudir coa camisola celeste do Hispanidade Café Sur) e facerlle unha entrevista exclusiva.


Bombi e un compañeiro coa colección primaveira-verán de D&G


Dende esta web estamos traballando día e noite para conseguir a imaxe de Bombi dende o plató de Buenafuente e difundila pola web.



No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet