Tí es @ visitante número:

29.3.08

Xornada 17

Germán, que fixo un hat-trick



O HISPANIDADE TUMBA AO LIDER CON TRES GOLES DE GERMÁN


O equipo celeste venceu hoxe en Coia ao recén proclamado campión de Liga, despois dos tropiezos dos rivais, entre os que se inclúe o propio HFS. É a primeira vez que se enfrontaban os dous equipos, xa que na primeira volta o partido se suspendeu pola choiva e ata o día de hoxe o Montecastelo aínda non encontrou data para poñelo (coméntase que será o vindeiro domingo, despois de remata-la liga).

O Hispanidade presentaba un equipo curto, xa que non contaban con Álex Reza e Marcos e o seu plantel (que non xogadores con ficha) é moi curto, sendo oito habitualmente. Hoxe, cun só cambio, o equipo do Café Sur xogábase quedar segundos, esperando un tropiezo do Lar.

Saíndo moi metidos no partido, os xogadores non conseguían materializar as ocasións na portería colexial, e o Montecastelo se adiantaba nunha pifia en defensa. Logo os amarelos tirarían dúas veces ao poste mentres o seu porteiro facía algunhas intervencións de mérito ante os tiros de Germán e Moreira. Sería o capitán quen, nunha xogada ben entrelazada, faría un pase efectivo de Diego dende o medio do campo para convertilo no gol do empate.
Ao longo do partido, o Montecastelo poríase outra vez por diante e sería Germán de novo quen neutralizaría ese gol cun forte disparo. Posteriormente e xa na segunda metade, Moreira adiantaba ao HFS cun bonito gol á media volta e na xogada do saque o Montecastelo empataba. Pero a falta de tres minutos apareceu outra vez o gran capitán para meter unha falta por riba do porteiro.

Un gran papel o mostrado polos xogadores hoxe, que souberon dosificarse ante a falta de relevos e amosaron que este Montecastelo non é invencíbel. Grandes paradas de César hoxe, que estivo moi fino nos tiros de lonxe, a defensa durmíuse un pouco e Diego e Moreira fixeron un bó papel na dianteira, aínda que o Hispanidade sofre moito cando Diego non marca, está científicamente demostrado.

Felicidades aos campións, e tamén aos nosos xogadores que son o primeiro equipo que lles quita os tres puntos esta tempada. Este trunfo pode significar a segunda posición da táboa, a mellor na historia do equipo. Un gran premio.






O LABOR GAÑA A LIGA A FALTA DUNHA XORNADA

Antes do Hispanidade había un partido en Coia, o Labor enfrontábase ao CD A Paz xogándose a Liga. Pese a que chegou a ir perdendo por catro goles, o Labor nunca lle deu a espalda ao partido e logrou gañar 10-7 adxudicándose a Liga de Segunda. Algo que celebraron cós nosos xogadores e compañeiros de torneos e selección. Moitas felicidades para os Fran, Jaco, Leo, Pichu, etc... que xa son campións.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

o hispanidade tiña que quedar campión de primeira...ainda queda a copa animo mozos...

o labor como sempre cun resultado escandaloso xD

Vemonos

HFS-Labor habra este aprtido en copa??


Pichu

Anónimo dijo...

o yes baby

Anónimo dijo...

ke gran parrtiditooo el domingo mas y mejooooooooooor

by gebRaaa

Anónimo dijo...

porsuposto q abra labor-hfs forza labor!!! PARRA

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet