Tí es @ visitante número:

26.4.08

Copa Diputación. X1

Ante as derradeiras novas, nas que Xermán Rodríguez segue con máis saúde ca un castiñeiro e o de hoxe só foi un susto (que debeu provocarllo o Hispanidade esta mañá), publicamos nesta web unha crónica cunha mirada un tanto subxectiva (a favor do noso equipo, iso sí) para que quede para o arquivo o primeiro partido de Copa da nova xeración.





Crónica de Sergio Areal:

Hoxe o Hispanidade FS enfrontábase ó I.E.S. Coruxo, un equipo totalmente descoñecido para os de Suso Recouso e Aldo Dagraza, xa que o equipo coruxista militou este ano na segunda división local.
O Hispanidade era o claro favorito para levarse o partido, xa que é un verdadeiro equipazo, como demostra esa segunda praza na primeira división, mentres que o Coruxo acadou a cuarta posición na segunda division.
O equipo afrontaba o primeiro partido da copa cunha gran confianza, a pesar das baixas de Xermán, recente esguince, e de Alí (o club estase a plantexar a opción de abrirlle un expediente disciplinario ao xogador estrela do hispanidade, xa que non é a primeira vez que o xogador ausentase sen motivos xustificados).
O Hispanidade comezou o partido con Champiñón salvaxe na porteria, unha liña defensiva formada por Péneles e Bombi, e cunha dianteira que asustaba, con Diego formando parella con Moreira, e no banco contaba con Antonio e Marcos e coa ausencia de Aldo, xa que o arbitro non permitiu a súa presencia no banco.
O encontro iniciou un pouco trabado, con erros tontos por parte do Hispanidade, pouco acerto de cara a gol e cunha defensa desordeada e que subia cada dous por tres, deixandolle grandes ocos os dianteiros rivais.
O partido seguia trabado, cando Penelx, cun bo gol e unha boa celebración con Moreira e Bombi, marcou un punto e aparte no xogo do equipo celeste. A falta de 10 minutos para o descanso, o Hispanidade levouse dous barapalos, vendo como o Coruxo empataba o encontro e como a o señor colexiado restrinxialle o uso de dous pantalóns, quedando dous xogadores sen eles e obrigando ó hispanidade a pedir tempo morto para poder facer os cambio de xogadores e de pantalóns.
O partido poñíaselle moi costa arriba ó hispanidade, e ademais os seguidores hispalenses non estaban contentos nin co equipo nin co arbitro, e deixaban caer comentarios dolorosos para os xogadores e para o arbitro.
Pero cando a situación era absolutamente adversa para o equipo, sacou toda a casta do cu que demostrou toda a tempada que tiña, e plantouse no descandso cun máis que relaxante 3-1, con outro gol de Penelex (coma non con celebración salvaxe) e un de Diego, que segue cá súa función de salvar os mobles do equipo nos últimos momentos.
Na segunda parte, o conxunto hispalense mostrouse intratable, e demostrou porque lle gañou os dous partidos o Montecastelo. Ós 10 minutos da segunda parte o hispanidade pegou tres hachazos definitivos, 2 de Moreira (un deles nunca bonita xogada individual) e 1 de Diego. A partir de ahí, o Hispanidade dedicouse a tocar e marear ao Coruxo, un gran equipo que amosou a súa deportividade e comprensión con Aldo Dagraza, ao que o arbitro non deixou dirixir aos seus.
Champo apenas tivo problemas nos derradeiros minutos, non coma o porteiro que defendía a porteria do Coruxo, que víu como Marcos erraba un par de boas ocasións, como a defensa rexeitaba un forte tiro de Antonio e coma lamía a escadra dereita un tiro de Bombi cá esquerda, aínda que a ocasión máis clara estivo nas botas de Marcos, errando un penalti [comentario suprimido por grosería] a falta de 10 minutos para o remate do partido.
O partido rematou cun marcador final de 6-1, e cun Hisapnidade que mostrou dúas caras no partido, e como se acostume a sacar a boa, non sería unha utopía velos gaña-lo trofeo.
Seguiremos contandovos todas as novas do hisapnidade, aínda cá última non é moi agradable, pero esperamos ver a Xerman nanimando nas bancadas no proximo partido do hispanidade . Nada máis, despidome dende a redacción do hispanidade. Un saúdo e Arriba Hispanidade!¡

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Alborada 4-7 C.Labor

Victoria nun campo dificil...leo segue como sempre e fixo un hattrick...jacobo marcou un e en outra xogada levouse dos 5 compoñentes (4 + portero)do alborada para deixarlle a bola na liña a fran que remacha...agora a gañar todo e aver que facemos cntra o E.D. Lar

Anónimo dijo...

jujuju hispanidade alè alè




MoR3

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet