Ao final , o San Martiño coroouse como campión de copa cun gol a falta de tres minutos (2-1) fronte ao Colexio Alba; nun encontro entre dous equipos que deron moita guerra en Primeira División e que quedaron máis lonxe dos primeiros postos do que deberían estar.
Na categoría xuvenil, o Vigo 2015 do noso ex-xogador Jaime Agujetas conseguíu o doblete co trunfo na final de Copa ante un forte Coruxo que errou en catro xogadas puntuais que significaron goles en contra (á contra). Precisamente foi Jetas o que pechou a conta goleadora dos laranxas a dez minutos do final (4-2 finalmente). Agora seguro que o Coruxo vai gañar o Trofeo da Paz, no que vai ser a volta (se o adestrador, o señor Emilio, o permite) de Aldo aos terreos de xogo, e poderán desquitarse dunha boísima tempada na que faltou un título para redondeala.
En alevíns o Vigo 2015, subcampión de España, amosou o seu poderío arrasando co Cabo de Peñas - Treboada (4-0) nun partido no que desfrutaron de minutos os que menos xogaron no Campionato de España en Málaga.
Na categoría infantil, Los Sauces mostrouse superior ao Vigo 2015 levando o título (5-3) nun bo partido, e por último os benxamíns do Carmelitas impuxéronse ao Maristas con moita polémica, expulsións, penaltis fantasmas e moita tensión.
En conclusión, o sábado pola mañá foi toda unha festa para este deporte (nos faltan os resultados das categorías femininas, que non os poñemos por que non os sabemos!).
Ao finalizar os partidos, Germán Otero, Adrián Moreira, Álex Martín, Diego González, Antoñito Fontán, Marcos "el Ligón" Sarmiento, Sergio Aldao "Bombi", Suso Recouso, Aldo Dagraza y Óscar Rodríguez recibieron el trofeo de subcampeones de Liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario