A Copa Deputación de fútbol sala, en categorías base, chega ao seu fin coas finais deste sábado, nas Travesas. Finalmente, en cadetes xogaránse o título San Martiño e Colexio Alba, dous equipos de Primeira División que amosaron o seu poder, sobre todo en defensa, ao longo da competición. A cousa promete estar moi igualada xa que os seus resultados en Liga fóron sempre apretados (10.00 Pista Central).
Lembremos que todos os favoritos caíron polo camiño: o Montecastelo, campión de Liga, non pasou de grupos. O Labor, campión de Segunda, víuse superado polo San Martiño en cuartos, mentres que o noso Hispanidade tamén caeu en cuartos, ante un Fonte do Galo que logo se vería superado polo Alba. Tamén Calvario (Campión doutro grupo de segunda) e Celso Emilio (subcampión) quedaron polo camiño.
Na final de xuvenís, Vigo 2015 - Coruxo, un trepidante partido entre os mellores equipos de Vigo, estará presente o ex-xogador do HFS Jaime Agujetas, no Vigo 2015; mentres que polo outro bando Aldo segue a recuperarse, polo que verá o partido dende as bancadas (10.00 Pista Vermella).
PD: O sábado pola tarde un equipo vigués, o Coruxo de sénior feminino, xógase o campionato galego fronte ao Drako d'A Coruña; partido interesantísimo para tódolos afeccionados do fútbol sala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario