Tí es @ visitante número:

19.7.08

Torneo de Redondela x4

O HISPANIDADE VENCE CON AUTORIDADE


HISPANIDADE FS 6 - 2 ASESORÍA DOCAMPO


Continúan os días de paseo pola vila redondelá, onde a expedición do noso clube pasa as tardes na beira do río, na praia (como amosan os vídeos da anterior entrada) ou vendo partidos dos seus rivais. No que ao torneo se refire, o HFS xa está clasificado matemáticamente para cuartos de final coa vitoria de onte, e agora queda por ver se pasa como primeiro, segundo ou terceiro de grupo. Iso decidiráse o vindeiro martes no Hispanidade - Dream Team (Se os celestes gañan, teñen asegurada a segunda praza e cun empate ou derrota do Blanco Mirou pasarían primeiros).

No partido de onte, un Hispanidade épico impúxose ao equipo revelación do torneo despois de remontar por dúas veces unha desvintaxe no marcador e facer (outro) recital no tramo final do partido. O Hispanidade tivo que xogar hoxe só con cinco compoñentes do equipo ao rexeitar a organización do torneo a alta de Adrián Pérez. Aínda así, parece ser que o HFS pode contar á vindeira semana con Germán (que estivo en Redondela pero non puido xogar pola lesión que arrastra dende a tempada), Álex Reza (de viaxe con permiso do clube en Madrid) e a ver se Adrián Moreira pode asistir aos encontros finalmente. Por outro lado dicir que ao superhome Pablo Parra dálle tempo a todo e está a xogar esta fin de semana o XI Memorial Pablo Gallego "Pecheche" no campo da Salgueira, debutando onte cunha derrota pola mínima (0-1); esperemos que non chegue canso á fase final do Torneo de Redondela.

Goles do HFS - Asesoría Docampo: Yoni 2, Marcos 2, Parra e Álex Martín "Penelex".

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet