Hispanidade fs 11 - 6 Dren Team
O día de onte foi interesante no seo do clube: primeiro a viaxe en tren até Redondela, coma sempre, e logo uns billares nun bar da zona. Posteriormente o partido, coa clasificación como segundos xa feita e fronte a un equipo sen opcións de clasificarse, un partido que se resolveu con xogadas individuais e marcado por unha defensa que deixou moito que desexar; o partido estivo igualado até o 6-6 no que o HFS marchou só no marcador. E posteriormente os rapaciños do equipo divertíronse no parque infantil de Redondela xogando aos columpios e balancíns. Para finalizar, parte da delegación do clube asistíu a Castrelos ao concerto do grupo Pereza, onde Champi perdeu toda a enerxía que non perdera no partido da tarde (é que estáse a reservar para a fase final e conquistar así o preciado trofeo ao Mellor Porteiro, emulando ao xa mítico porteiro do clube e agora adestrador "A Araña" Aldo que o conseguíu no seu día no torneo de Bouzas...). O dito, un día en familia.
Goles do partido: Álex Reza 6 (Foi a resurrección, xa adiantou de novo a Peneles); Marcos 3 (e continúa Pechichi do torneo co equipo); Álex Martín e Germán.
Goleadores do torneo: Marcos 10; Álex Martín, Pablo Parra e Álex Reza 6; Yoni 5; Germán 2 e Martín e Danny Low un por cabeza.

No hay comentarios:
Publicar un comentario