Tí es @ visitante número:

25.7.08

Torneo de Redondela x6 Cuartos de Final



IMPORTANTE VITORIA ANTE O CAMPIÓN DE COPA

Hispanidade fs 5 - 1 San Martiño

O equipo saíu hoxe de Redondela con confianza, despois dunha vitoria sen apelativos ante os laranxas, que acusaron moito as baixas e a boa actuación de Champi. Os celestes levaron o control do partido dende o comezo e souberon aproveitar ás ocasións, adiantándose por medio de Germán e Álex Martín e pechando Álex Reza a vitoria cun hat-trick, que o distancia un pouco máis do seu tocaio na táboa de goleadores históricos do noso clube. Chegaron filtracións de que Álex Reza e Pablo Parra, xogadores do HFS, están na lista de pretendentes ao premio de Mellor Xogador do torneo, máis Champi está na propia dos porteiros. Todo dependerá de estes derradeiros partidos. Por agora, o Hispanidade está a un paso de xogá-la súa primeira final dende que se creou aló por xaneiro do 2005. Lembremos que nas anteriores semifinais (Don Bosco de Suso Recouso na Copa Local e La Galia no torneo de Santa Cristina do presente ano) o HFS caeu derrotado, e o único título que ten o clube, o Torneo de Bouzas, foi mediante unha liguilla. Gáñese ou non mañá, o de Redondela terá sido unha moi boa aventura para finalizar un ano cheo de bós momentos e moitas alegrías.

Se o HFS gaña mañá, xogará a final o sábado ás 13.00 horas. Do contrario, xogará a final de consolación o mesmo día ás 12 horas.

Goleadores do HFS no torneo: Marcos Sarmiento 10; Álex Fernández Reza 9; Álex Martín e Pablo Parra 6; Yoni Pérez 5; Germán Otero 5; Dani Low e Martín Amez 1.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet