Tí es @ visitante número:

28.8.08

I Trofeo Cidade de Vigo


O Coruxo FC, na sección de fútbol sala, ven a organizar un Torneo internacional a modo de exhibición dos seus equipos en tódalas categorías. Os rivais a batir son os portugueses "Amanha da Criança", da División de Prata portuguesa (en sénior) e campións de Portugal (en cadetes). A parte, o IES Coruxo xogará o partido infantil coma local fronte ao Salesianos e o Coruxo feminino de cadetes xogará fronte ao Olivo.
O torneo terá lugar o sábado día 30 no Pavillón Central de As Travesas, e ao longo da tarde veremos pasar pola pista aos diferentes equipos, sendo esta unha boa ocasión de ver debutar aos nosos "ex" coma poden ser Nes, Pablo Parra no xuvenil de Liga Nacional ou Aldo coma adestrador do Coruxo cadete.

1 comentario:

Anónimo dijo...

aldinho o sabado as 12 en hispanidade
o baby contra o coruxo era non¿?


moreira

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet