Tí es @ visitante número:

21.9.08

Gran debut de tres ex en Portugal.

O VIGO 2015 BOTA A ANDAR EN OPORTO


Onte tivo lugar no "Pavilhâo Municipal de Nogueira" de Oporto o "II Convivío Ibérico" no que se xuntaban diversos equipos desa rexión portuguesa para xogar amigabéis contra o Vigo 2015, o equipo convidado. O Vigo 2015 viaxaba á cidade do país veciño con tódalas categorías e en todas fixo un bó papel, con partidos desputados e bó xogo, pero dende aquí recalcaremos o papel do equipo xuvenil, no que onte debutaban Aldo Dagraza, Antón Conde e Óscar Rodríguez, tres ex-xogadores nosos, xunto a Pichu, o noso adestrador da categoría alevín.

Os catro deixaron moi boa imaxe, cun equipo que gañou dous partidos e perdeu un. No primeiro, o partido que inauguraba a segunda convivencia entre equipos dos dous países, o Vigo 2015 xuvenil faría un bo partido para gañar por 1-4 ao "Escolinha da Granxa". Aldo foi o capitán desta nova andadura do equipo laranxa, e a parte de facer unhas boas intervencións, parou un penalti cando o seu equipo gañaba 1-2 e faltaban catro minutos para o final, logo o Vigo pecharía a conta cun par de contras.

Nos outros dous partidos, unha de cal e unha de area. No primeiro da tarde o Vigo 2015 dispuxo de ocasións pero o “Amanha da Criança” aproveitou as contras e superioridades en ataque, a parte das xogadas de estratexia dun equipo bastante rodado (3-1). E no outro o equipo olívico xa xogaba máis canso e pausado pero impúxose a un minuto do final (3-4) a outro equipo do “Amanha da Crianza” cun golazo de Jorge, que foi o goleador do cuadrangular con 5 tantos en tres encontros.

Antón amosouse serio en defensa e sen complicacións, sen parecer que levara xa un ano e pico sen tocar balón; Óscar levaba dous anos sen pisar un campo de fútbol sala e notouse, fáltalle ritmo, pero aínda así non estivo mal e polo outro lado Pichu fixo un bó papel e amosou que leva adestrando dende principios de agosto para desputar minutos neste equipo. O equipo vigués completáronno Mario, Jony e Jorge, que xa xogaban o ano pasado, e estivo dirixido por Pelucas.






2 comentarios:

Anónimo dijo...

So falta comentar o medioincidente que apiques estivo de derivar en pelea entre Tom e un rapaz doutra etnia distinta a nosa

Aldo Dagraza dijo...

jajajaj pero no fue por racismo, si no porque menudo viaje le metió el portugués (pero Ton está en el Saudade...)

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet