Tí es @ visitante número:

16.12.09

Actualidade dos nosos ex.

Un ano máis, segundo sen representación do Hispanidade FS nas Ligas locais de fútbol sala, facemos reconto dos nosos xogadores que, cada ano menos, seguen a xogar en diversos equipos.

No Coruxo FC de Liga Nacional segue a militar o noso Máximo Goleador Andrés Pernas "Nes", aínda que nestes momentos atópase lonxe dos terreos de xogo por unha lesión; xunto a el atopamos a Pablo Parra, xogador que chegou a xogar co noso equipo diversos torneos. O equipo que dirixe Lucas Fernández está a amosar unha melloría despois dun inicio renqueante.



Na Primeira División local atopamos ao Vigo 2015, actualmente segundo clasificado (empatado a puntos có primeiro, o CDM Bembrive) e no que militan dous históricos tamén do noso equipo: Jaime Agujetas e Rafa Cendón "Fuchi" (que fóra adestrador dos nosos no único torneo que ten o

noso equipo nas súas vitrinas, o I Torneo de Bouzas).




Por outro lado, o noso ex porteiro e adestrador Aldo Dagraza está a xogar a Liga Nacional de categoría xuvenil no Grupo de Madrid, a onde marchou a estudar. Concretamente milita no Sport Madrid Mirasierra, noveno clasificado. Tamén adestra ao equipo cadete do propio Sport Madrid, equipo que rematou a fase de grupos como primeiro clasificado e agora xogará a Fase de Campións da Comunidade de Madrid.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

aldo?donde estas en la foto,tu no juegas ni a las canicas! juas juas

Anónimo dijo...

aldo?donde estas en la foto,tu no juegas ni a las canicas! juas juas

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet