Tí es @ visitante número:

24.7.09

AS VELLAS GLORIAS SE REÚNEN DE NOVO PARA XOGAR O 24HORAS DE HISPANIDADE




Un combinado dos xogadores que participaron na primeira e na segunda plantilla do equipo branquiceleste participarán no I Torneo Antirracista de Hispanidade, que ten coma fin recolectar cartos para unha nova asociación cultural no propio barrio vigués.

En principio, os xogadores cós que contará o HFS e xa confirmaron a súa participación son Brais Rodríguez "Sito", Andrés Pernas "Nes", Jaime Agujetas, Aldo Dagraza e Daniel González "Vene". Pendentes de confirmación están Antón Conde, Raúl González e Diego Bueno. No banquiño o equipo espera contar coa presenza de Marcos Gregores, o mítico adestrador do debut do noso equipo en Primeira División.

O novidoso torneo, en formato de 24 horas, dará comezo o venres 14 de agosto ás 16 horas e continuará o día seguínte. O sorteo realizaráse o xoves 13.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet