Ás doce e cinco minutos, e despois de agardar os cinco minutos regulamentarios, o árbitro do encontro de Oitavos de Final da Copa entre o Hispanidad e o Colexio Los Sauces decretou o final do encontro sen éste comezar sequera. O motivo? Os colexiais só contaban con catro xogadores, e isto impide dar comezo a un encontro.
Xa que os xogadores do Hispanidad estaban alí, disputouse un amistoso cunha alineación moi interesante:
Os xogadores do equipo branquiazul Jaime Agujetas e André Estévez vestíronse de amarelo e xogaron do equipo do Colexio xunto a Xurxo na portería, Zon e Carlos Caso polas bandas e co seu estandarte: Rafa Arjones "Fita".
Mentres que polo Hispanidad, Aldo cedeulle a portería a un Vene que estivo espléndido facendo algunhas paradas de mérito, e Antón estivo sólido no centro da defensa, axudado por Raúl e Nes e cun Aldo de dianteiro, que tivo moi pouca sorte de cara ao gol (marcou un dos catro goles do seu equipo, se ben é certo que puideron ser cinco).
Fita marcou tres dos catro goles do seu equipo e Xurxo marcou o outro, mentres que polo Hispanidad houbo catro golazos. O primeiro foi de Nes, dende fóra do área e cun tiro axustado ao máis puro estilo "Van Nistelrooy", logo Aldo marcou o gol que supuxo o 2-2 nunha xogada individual na que parecía Leo Messi regateando aos contrarios e marcando a pracer; para que posteriormente Antón metese dous goles moi bonitos: un por enriba do porteiro e outro colocado na escadra.
Así, este amistoso rematou en táboas, e o Hispanidad enfrontaráse ao CD Mosteiro a vindeira semana en Cuartos de Final, e esperemos que se repita o resultado do derradeiro encontro disputado entre os dous equipos.
HISPANIDAD : Vene; Raúl, Antón (2), Nes (1) e Aldo (1) - cinco inicial - Pablo Estévez
LOS SAUCES: Caso; Zon, André, Xurxo (1) e Pita do Monte "Fita" (3) - cinco inicial - Jaime "Samba" Agujetas
Encontro non-desputado no Colexio Los Sauces ante 2 espectadores, e José facendo de adestrador do Hispanidad.
No hay comentarios:
Publicar un comentario