Tí es @ visitante número:

2.6.07

Copa [ CD Mosteiro 4 - 0 Hispanidad ]


CRÓNICA DUNHA MORTE ANUNCIADA


Pasou máis de un ano e medio dende aquel sábado chuvioso e frío de outubro, no que daba comezo no Colexio San Miguel II a primeira xornada do Grupo 4 Cadete Local en Vigo. Un ano e medio dende aquel partido no que o Hispanidad daba comezo á súa propia historia, gañándolle ao que posteriormente sería o coñecido como "o rival do Barrio", Castro-San Miguel 4 - 8 Hispanidad.

Neste ano e medio, o Hispanidad xogou un total de 46 partidos. Gañou 31 deles, empatou únicamente tres e perdeu 12 encontros. Marcou un total de 312 goles (máis de seis por partido), e encaixou 182 (arredor de tres por encontro).
O total? 96 puntos... (Se sumamos tres puntos por vitoria en Copa tamén).

Xogadores míticos coma Sito, Cañada e Diego Bueno deixaron este ano o seu sitio a outros xogadorazos coma Jetas ou Vene, que xunto a Nes foron os máis goleadores desta tempada.

Un Nes que aquela tarde de outubro somentes marcou un gol, pero impresionou a moitos, sen seren coñecido (recén chegara de Barcelona). Pero partido a partido marcou en total una frioleira de 77 goles coa camisola branca.

Unido esto a solidade defensiva de Raúl, Antón, Bertolito e André, fixo grandes marabillas este equipo, pero faltou continuidade. Nunca houbo un partido ao que foxen os mesmos que ao anterior. Quince fichas, pero únicamente houbo un partido no que houbese doce xogadores, os necesarios para rechear un acta, no encontro que disputou ante o Celta na primeira volta.


E agora os xogadores que estiveron estes dous anos no equipo pasan a Xuvenís, unha categoría cuio custe non pode asumir o equipo e os nosos xogadores ficharán por outros equipos ou continuarán a súa grandísima traxectoria en equipos de fútbol.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet