Tí es @ visitante número:

14.6.07

Noticias Frescas



DERRADEIRAS NOVAS SOBRE A ACTUALIDADE DO EQUIPO E DOS SEUS INTEGRANTES






Aldo, Antón e Nes, a proba no Celta










Tres dos xogadores máis míticos do equipo levan tres semanas a proba co equipo de Xuvenil Liga Nacional. Un Celta que este ano rematou a Liga cuarto, por detrás de Azkar Lugo, Pescados Burela y Lobelle de Santiago. Aínda non trascendeu se o Celta fichará a algún dos tres, pero parece que o que máis papeletas ten de entrar no plantel celeste para o ano é Nes, ao que seguiron durante tempo, e Aldo tamén ten bós informes dende que xogou na selección viguesa, aínda que hai moita competencia na portería.













Salesianos - Celta, a final de Copa




O Mosteiro, equipo que eliminou ao Hispanidad despois dun partido "estrano" que está pendete de analizar por ésta web, foi eliminado éste sábado polo campión de Liga, o Celta de Vigo, de forma aplastante. Mentres que na outra semifinal, o Salesianos daba a "campanada" xa que é un equipo de Segunda (recén ascendido) e que chegou á final (eliminou ao Miralba, campión de Segunda División, nun partido moi igualado).
Dende aquí dexesámoslle moita sorte a un Salesianos plagado de amigos: Breixo, Rubén, Moya... E oxalá xoguen un partidazo e gañen ao Celta. Alí estaremos.




[ Salesianos - Celta de Vigo / Sábado 16 de xuño, 10.00h. Frontón do IMD ]








O Hispanidad, convidado de honra ao Torneo Salesianos




O flamante semifinalista de copa está a preparar un Torneo de Verán sen ánimo de lucro, que se desputará despois da Finalísima deste sábado, e xa se coñecen as eliminatorias, que se xogarán no Colexio Salesianos (Rúa Venezuela):



SEMIFINAIS:



[ BOUZAS FS - HISPANIDAD / Luns 18 de Xuño, 19.30 h. ]
[ SALESIANOS - CELTA DE VIGO / Luns 18 de xuño, 20,30 h. ]



RONDA FINAL



[ 3º e 4º Posto / Xoves 21 de xuño, 19.00 h. ]
[ FINAL / Xoves 21 de xuño, 20.00 h. ]



O Hispanidad contará para este torneo co seu plantel de toda a Liga, e posíbelmente debute co primeiro equipo David Pernas "Vivi", o irmán pequeno de Nes.






O "HISPANIGLEMING", un novo equipo:





Entre os compañeiros do IES do Castro que se xuntan cada venres no campo do IES para "botar unha pachanga" hai xogadores de diversos equipos, e sempre se plantexou xuntarse para algún torneo, pero ese momento non chegou nunca ata agora.



Pero o equipo do Gleming engadirá ás súas filas a Aldo, Antón, Estévez (Hispanidad) e Moya (Salesianos) para xogar un par de torneos.



Éste novo equipo xogará no Pavillón de Chapela o Torneo Arealonga, a finais de mes, e fronte a rivais de Segunda División. Tamén está prevista a participación deste equipo no Trofeo "Ciudad de Vigo", no Estadio Municipal de Balaídos, cuio custe asumirán entre tódolos xogadores.









Planificación da Tempada 2007 / 2008



O ano que ven o Hispanidad non terá representación na Liga Xuvenil, pero xa que os cadetes acadaron a permanencia en Primeira División sería unha mágoa que esa plaza se perdese, así que está previsto formar un equipo competitivo para a tempada seguinte.


Presumíbelmente Aldo sería o entrenador, e no hipotético caso de que ao final fichase polo Celta, encargaríase do equipo coma Delegado e outra persoa ligada ao Clube faría as labores de adestrador.


O equipo estará integrado maioritariamente polos xogadores de Cadetes de primeiro ano que esta tempada xogaron no Gleming: Adrián Moreira, Álex, Bombi, Iago Cobela, Dani, etc...


Tamén esperamos contar con Alberto Covelo, Bertolito, un dos únicos integrantes do Hispanidad deste ano que segue sendo Cadete. E plantéxanse varias fichases, entre eles o de Seo, porteiro do Ureca.




No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet