MAÑÁ O COMBINADO VIGUÉS ENFRÓNTASE A UNHA DESCOÑECIDA PONTEVEDRA
Había máis de catro anos que a selección cadete non gañaba na primeira ronda ao combinado ourensán, e despois de esta victoria agónica o conxunto de Suso e Aldo (ben escudados por Javi Hernández) non se marca obxectivos e espera gañar.
O conxunto vigués, que debutou o sábado tras unha curta reunión de recoñecemento do terreo, celebrada no Café Sur o venres, deu a talla perfectamente nun partido no que os tres puntos teñen moitísimo mérito pensando que nin adestraron, moitos nin se coñecían, e que os adestradores non superan os 17 anos e o primeiro dende os banquiños. Se ben é certo que o plantel ourensán era de primeiro ano na súa maioría, sabían xogar todos a este deporte como para gañar a Primeira División de Vigo, por tanto non lle quita mérito aos vigueses.
Históricamente Pontevedra é un rival máis doado que Ourense, pero como non hai información sobre eles ata mañá non está previsto que poñamos nada.
O que sí sabemos con certeza é que Vigo está a xogar nunha fase de grupos (Norte e Sur) no que no grupo Sur, o noso, están encadradas tamén Ourense e Pontevedra. O primeiro xogará a final contra A Coruña, Santiago ou Lugo (Grupo Norte).
Mañá estaba previsto que debutase Germán Otero, o capitán do Hispanidade, pero ao final parece que non poderá ser. O tándem de adestradores baralla a opción de por a Álex Reza na defensa para poder facer máis cambios en ataque que o outro día, no que houbo xogadores que non desputaron moitos minutos e iso non é nada agradábel.
Esperamos mañá a estas horas ter que escribir unha crónica sobre outra victoria do conxunto vigués que deixaría a final do campionato Galego a un paso.
2 comentarios:
si...tenemos que hacer algo...aunq cntems cn el 5 inicial del otro dia en algun momento intentarems bajar a ali y alex abajo y asi tener arriba mucha mas movilidad en el banquillo y sino hace convocatorias mas cortas por partido...hay que recordar que si es a ida y vuelta...aun nos quedan tres con el de mañana...podria barajarse llevar convocatorias de 9 o 10 y que en algunas descansasen unos y en otras otros, pero no podems dejar a gente jugando 5min....xq eso jode y mucho....
suso

Publicar un comentario