Tí es @ visitante número:

12.2.08

Xornada 11




O HISPANIDADE DA UN PASO ATRÁS



O partido contra o Colexio Alba foi brusco, trabado e ao final acabou en táboas cando o Hispanidade merecía máis. O Alba comezou gañando tras convertir en gol unha contra moi mal defendida pero o Hispanidade apretou arriba e puxo toda a carne no asador.

Álex Martín empatou o encontro cun golazo, como el mismo declaraba despois do partido, e rápidamente o Alba conseguíu adiantarse otra vez, nun barullo no área no que César non estivo afortunado.

Na segunda parte o Hispanidade cambiou o papel, deixou de presionar e esperou atrás ao rival, dándolle o balón xa que non sabían que facer con el, e as ocasións chegaban continuamente. Moreira tivo un cara a cara co porteiro que non entrou por pouco, Álex Reza e Álex Martín probaban sorte dende fóra e entre todo isto, Bombi resolvía con solvencia os apuros atrás.

Germán lograría empatar cun gol dende fóra do área cando faltaban dez minutos, e pouco despois o capitán estrelaba un disparo no longueiro. Logo acabou o partido mancado.


Álex Reza puxo ao Hispanidade por diante cunha xenialidade, unha obra de arte na que tirou un cano de espaldas e fíxolle levantoulle a bola ao porteiro na saída. Mais logo o Alba voltaría a empata-lo partido cun tiro lonxano de falta que entrou polo pao de César.

O Hispanidade apurou ás súas opcións e ata nos derradeiros segundos tivo ocasións claras de gaña-los tres puntos, pero non foi así e o Hispanidade xa ve como unha quimera gaña-la Liga.

1 comentario:

Anónimo dijo...

la verdad s q perdimos una buena ocasion pa subir puestos,pro mira q nos reimos n l pre i post partidoxDD



ale ispanidad ale ale...


i aber si dejais mas ocmnt kaxo ratas



bombi

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet