Tí es @ visitante número:

1.3.08

Xornada 14

SAN MARTIÑO 1 - 2 HISPANIDADE FÚTBOL SALA


O Hispanidade impúxose hoxe ao conxunto de Coia cun gol de Diego a falta de cinco minutos. Germán adiantou cun zurdazo aos celestes cando se levaban xogados dez minutos e logo o equipo de Hispanidade errou bastantes ocasións, a máis clara foi un balón de Diego ao pao, despois dunha boísima xogada de Moreira que hoxe estivo moi activo.
Ao descanso o HFS gañaba pola mínima, e o San Martiño saíu a presionar no segundo tempo. O partido volveuse tolo e o balón non era para ningúen máis de dous minutos, sen un dominador claro. Nos derradeiros minutos, o San Martiño empatou nunha falta mal defendida (os tiros a balón parado seguen sendo mellorables) e o Hispanidade conseguíu os tres puntos grazas a un Diego que está en plan estelar, e marcou a cinco minutos do final desatando a euforia no banquiño celeste.

Bombi hoxe estivo espléndido en defensa, coma nos derradeiros encontros, e Germán non quedou curto (ademáis, o capitán foi autor do primeiro gol). Moreira volveu hoxe ao terreo de xogo e foi o xogador que máis perigo creou, acompañado por Álex Martín que segue liderando a clasificación de goleadores do equipo. Diego non estivo moi acertado de cara á porta pero ao final levou o premio da insistencia, e Marcos acabou un pouco enfadado despois de non xogar moito, pero cando estivo no campo fíxoo ben con creces, unha mágoa non contar con el máis a miúdo. César hoxe non tivo traballo, e parou moi ben os tiros de lonxe. O porteiro estáse a afianzar na portería despois dun inicio irregular. En xeral hoxe, o equipo amosou que con continuidade e de non ter perdido puntos innecesariamente en partidos clave coma o do Salesianos ou Colexio Alba, a estas alturas estarían pisándolle os talóns ao Montecastelo (có que aínda quedan os dous partidos, e entonces veremos quen é de verdade o mellor equipo da liga).

Destacar hoxe a presenza nas bancadas de decenas de siareiros do Hispanidade, que acompañaron ao equipo a base de música e megáfono nesta traballada vitoria.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

que como kedaría el montecastelo contra el lar? si gana el lar se pone la liga a puntito

Anónimo dijo...

se komenta un montekastelo 11 lar 2 pero aber ke pone la federacion el lunes


uoooo ispanidade uooooo

Anónimo dijo...

si able kn el black del lar i me dijo k perdieron...

Anónimo dijo...

pues ya está to'l pescao vendido

Anónimo dijo...

no vais a ganar la liga...por la tonteria de lo del salesianos...

pero si vamos a ganar el santa crstina!!!


Pichu

Anónimo dijo...

uoooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet