Tí es @ visitante número:

31.5.08

Copa Dep. Cuartos de Final

THE END





Acabouse o soño... ou o pesadelo. A festa de cumpreanos de César e Suso, que están hoxe de aniversario, víuse fastidiada polo crack mediático e árbitro que pitou o encontro. Mellor non nomealo.

Aínda así, o Fonte do Galo de Arturo Paz é xusto semifinalista pola súa garra e ambición, fronte a un HFS que leva varios partidos sen cambios ou con poucas alternativas (Diego mancado, Sui e Fran perdidos e Reza co Sárdoma xuvenil...) e que dilapidou as súas opcións de chegar ás semifinais aos oito minutos da segunda parte, cando o señor colexiado xa pitara cinco faltas en contra, das que metafóricamente, ningunha foi falta.

O partido foi de dominio dos celestes nos primeiros compases, creando os do Fonte perigo nalgunhas ocasións ailladas que abortaba Champi. Os de azul escuro adiantáronse cun tiro de falta (¿fantasma?) de Jonhy, que Champi tocou antes de entrar. Pouco despois o HFS entrelazaba xogadas de perigo até que Bombi tocaba ao segundo palo a Germán para que o capitán puxera o empate no marcador.

Cinco minutos despois, o Fonte do Galo voltaba a adiantarse con outro lanzamento de falta, que outra vez non era falta; que pasou polo medio da barreira.

Obviamente e con talta ¿falta?, o Fonte do Galo lanzaba un dobre-penalti antes do descanso, que o seu dianteiro Fabio mandaría fóra. Logo, o HFS creaba perigo pero non concretaba, mentres tanto o porteiro dos escuros consagrábase cunhas paradas moi acertadas.

Despois do descanso, unha exhibición máis e mellor do señor riciños do pito na man, que aos oito minutos xa víra cinco faltas dun equipo que en toda a competición regular só recibíu UN DOBRE PENALTI. Pero nada, Jonhy tamén sucumbíu ante o baile de César cando lle chegou o momento do dobre-penalti.

Álex Martín aproveitaba un "barullo no área" para empatá-lo encontro e dar esperanzas aos celestes, e logo Marcos "O ligón" a tres do final adiantaba aos nosos.

Pero a sorpresa estaba por chegar e co partido case gañado, Bombi tiraba unha vaseliña ao porteiro rival que daba no pao, o rexeite Marcos mandaríao ao pao tamén, e o tercer rexeite acabou en posesión do Fonte do Galo, que matou á contra, previa falta coma a catedral de Santiago a Germán.

E co partido rematado e o empate a tres no marcador, unha perda de balón no medio do campo significou a perdición dun Hispanidade que tiña que rematar así para non ser menos que as anteriores xeracións. Sen xente, con bronca, cun equipazo... O dito, máis que unha banda: Hispanidade Fútbol Sala.

PD: O Labor tamén perdeu, 6-4 ante o San Martiño, polo que a final que esperábamos de HFS - Labor váise ao garete; e iso que tiña pinta de seren pouco menos ca un Lakers - Celtics na final da NBA. Agora, xuntos, o "Hispani-labor" xogará os torneos de Arealonga, Mondariz, etc... Pero o casilleiro de trofeos oficiais do equipo seguirá por moito tempo baleira.




TO BE CONTINUED... ?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

joderr puess yo qeria jugarr cntra vosotrs q teneis un ekipazoo!!

nosotros: alba 2- c.e. ferreiro 2

y tras 7 penaltis en muerte subita conseguimos pasar =D

cuidense ;)

Anónimo dijo...

no Pasa nada eQuipooo estuvo bn la temporada lo spasamos bn k es lo imporatnte is abemso k si estuviera la plantilla al kmpleto lo ganbamos todo de kalle enga ekipo

un besoo


eL gran goleadorªª

pelucasfutbolsala dijo...

Aldo ya veras como en los torneos teneis mejor suerte.....
Para el año que viene vamos a partirlo todo ya veras jejeje

Anónimo dijo...

la verdad q este año fue muy exqisito x lo menos a mi me lo parecia,cocense torneos de verano

MUAHAHAHAHAHA


FORZA HIAPNIDADE

MORE

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet