O partido foi de dominio dos celestes nos primeiros compases, creando os do Fonte perigo nalgunhas ocasións ailladas que abortaba Champi. Os de azul escuro adiantáronse cun tiro de falta (¿fantasma?) de Jonhy, que Champi tocou antes de entrar. Pouco despois o HFS entrelazaba xogadas de perigo até que Bombi tocaba ao segundo palo a Germán para que o capitán puxera o empate no marcador.
Cinco minutos despois, o Fonte do Galo voltaba a adiantarse con outro lanzamento de falta, que outra vez non era falta; que pasou polo medio da barreira.
Obviamente e con talta ¿falta?, o Fonte do Galo lanzaba un dobre-penalti antes do descanso, que o seu dianteiro Fabio mandaría fóra. Logo, o HFS creaba perigo pero non concretaba, mentres tanto o porteiro dos escuros consagrábase cunhas paradas moi acertadas.
Despois do descanso, unha exhibición máis e mellor do señor riciños do pito na man, que aos oito minutos xa víra cinco faltas dun equipo que en toda a competición regular só recibíu UN DOBRE PENALTI. Pero nada, Jonhy tamén sucumbíu ante o baile de César cando lle chegou o momento do dobre-penalti.
Álex Martín aproveitaba un "barullo no área" para empatá-lo encontro e dar esperanzas aos celestes, e logo Marcos "O ligón" a tres do final adiantaba aos nosos.
Pero a sorpresa estaba por chegar e co partido case gañado, Bombi tiraba unha vaseliña ao porteiro rival que daba no pao, o rexeite Marcos mandaríao ao pao tamén, e o tercer rexeite acabou en posesión do Fonte do Galo, que matou á contra, previa falta coma a catedral de Santiago a Germán.
E co partido rematado e o empate a tres no marcador, unha perda de balón no medio do campo significou a perdición dun Hispanidade que tiña que rematar así para non ser menos que as anteriores xeracións. Sen xente, con bronca, cun equipazo... O dito, máis que unha banda: Hispanidade Fútbol Sala.
PD: O Labor tamén perdeu, 6-4 ante o San Martiño, polo que a final que esperábamos de HFS - Labor váise ao garete; e iso que tiña pinta de seren pouco menos ca un Lakers - Celtics na final da NBA. Agora, xuntos, o "Hispani-labor" xogará os torneos de Arealonga, Mondariz, etc... Pero o casilleiro de trofeos oficiais do equipo seguirá por moito tempo baleira.
4 comentarios:
joderr puess yo qeria jugarr cntra vosotrs q teneis un ekipazoo!!
nosotros: alba 2- c.e. ferreiro 2
y tras 7 penaltis en muerte subita conseguimos pasar =D
cuidense ;)
no Pasa nada eQuipooo estuvo bn la temporada lo spasamos bn k es lo imporatnte is abemso k si estuviera la plantilla al kmpleto lo ganbamos todo de kalle enga ekipo
un besoo
eL gran goleadorªª
Aldo ya veras como en los torneos teneis mejor suerte.....
Para el año que viene vamos a partirlo todo ya veras jejeje
la verdad q este año fue muy exqisito x lo menos a mi me lo parecia,cocense torneos de verano
MUAHAHAHAHAHA
FORZA HIAPNIDADE
MORE
Publicar un comentario