GRAN TEMPADA PARA OS EX DO HISPANIDADE
Agora que rematou a Competición de Liga, podemos facer balance de cómo lle foi a eses poucos ex-xogadores nosos que seguen a xogar ao fútbol sala pola cidade olívica.
Jaime Agujetas "Jetas" e David Cañada: Campións de Liga Local có VIGO 2015, despois de gañar na derradeira xornada de Liga ao Lavadores e facer inútil a vitoria do CORUXO (o seu inmediato perseguidor) ante o PANADERÍA ROMANO. Jetas xogou case tódolos partidos en Liga e marcou bastantes goles, sendo diferente o caso de Cañada, que deixou o equipo hai dous meses por asuntos persoais. Aínda así, parabéns para os dous.
Agora, Jetas xogará este domingo (10.30h.; EM de Balaídos) a final do Campionato Galego de clubes, fronte ao Riazor da Coruña. Moitísima sorte.
Andrés Pernas "Nes": meritoria cuarta praza na Liga Autonómica Xuvenil, por detrás do Mare Nostrum, Casás e Azkar Lugo. Non foi dos máis goleadores do equipo pero sí axudou moito para conseguir ese posto no primeiro ano do equipo.
A Nes tócalle agora xogá-la Copa (á que só acceden os catro primeiros) e dende aquí desexámoslle moita sorte para o seu encontro.
Aldo Dagraza "Roni": pasou a tempada en branco despois da súa lesión, e non chegou a debutar có Coruxo FC; aínda así, esta tempada servíulle a Aldo de inicio coma adestrador.
Adrián Gregorio "Dito": xogou esta tempada no Maristas e non quedaron mal na Segunda División Local xuvenil.
Outros coma Alberto Covelo, André Benavides, Brais Rodríguez "Sito", Diego Bueno, Raúl González ou Daniel González "Vene", seguíron os seus camiños polo fútbol grande.
Asemade, esta tempada puidemos ver a ex-hispanidistas coma Antón Conde ou Pablo Estévez xogando a Liga Interna do IES do Castro. Nesta Liga, ademáis, ALEXANDRE MARTÍN ARIAS "Peneles" recibirá mañá (11.30h. Salón de Actos do IES do Castro) o Trofeo de Máximo Goleador.
1 comentario:
Ness no juega la copa porque solo la jugaban 2º contra 3º una final y ellos quedaron 4º clasificados.....
Publicar un comentario