Tí es @ visitante número:

27.10.08

Crónica dunha morte anunciada

O HISPANIDADE PON FIN AO SEU PERIPLO POLO FÚTBOL SALA


Despois de máis de case catro anos de historia, máis de 80 partidos oficiais entre Liga e Copa locais, sen contar torneos e amigables; máis de 350 goles despois, algo menos de 200 goles encaixados, celebracións, xogadas, paradas, viaxes en Vitrasa, termos recorrido todo Vigo por campos de fútbol sala, etc. o Hispanidade deixa de ter representación nas ligas locais. Cun palmarés que conta só cun título: o I Trofeo do Bouzas FS. Un equipo que tivo a 10 preseleccionados para á Selección Viguesa de fútbol sala, coa que debutaron 7 deses 10. Que contou cun xogador convocado coa Selección Galega cadete da tempada 2007/2008. Que obtivo ademáis o Subcampionato de Primeira División a tempada 07/08, liga á que ascendeu na 2005/2006 cun equipo de primeiro ano. Ademáis do subcampionato do Torneo Concello de Redondela - Construcciones B&C en agosto pasado, terceiro posto no Torneo de Salesianos do 2007, terceiro posto en Santa Cristina no 2008 e mellor porteiro no I Torneo de Bouzas (2006). Con dous ex-xogadores na mellor Liga Xuvenil a nivel estatal, a Liga Nacional na que milita o Coruxo de Andrés Pernas e Pablo Parra. Con xogadores no campión de Liga e Copa locais e subcampión galego da categoría xuvenil, o Vigo 2015 onde xogan Antón, Agujetas, Aldo... Con moitísimos momentos de alegrías e decepcións, con esperanzas tódolos anos de poder xogar un Campionato Galego de clubes, risos e pelexas, penaltis errados, vídeos de goles, cenas de equipo... Hai que agradecerlle todo isto aos adestradores que o fixeron posible, a Uxío, Chisco, Marcos Gregores, Suso, aos máis de trinta xogadores que vestiron as nosas camisetas, a Xermán que se fixo presidente por botar unha man, as rapazas que levaron o noso nome dúas tempadas na Liga Local, ao Café Sur, Tecnofon e Auto Escuela Hispanidad por facerse cargo dos gastos...
Gracias e un derradeiro "Alé Hispanidade alé alé".




1 comentario:

pelucasfutbolsala dijo...

aldo de donde sacas que metio artur este finde fue loren jejejej :)

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet