Tí es @ visitante número:

14.6.09

FINAL COPA CONCELLO DE VIGO

O CORUXO CADETE CAE ANTE O MONTECASTELO




O equipo que adestra Aldo perdeu (4-2) ante os colexiais nun partidazo, no que a pegada dos amarelos se impuxo ao bó fútbol sala practicado polos coruxistas. O porteiro do Montecastelo convertiuse no heroe do seu equipo sacando polo menos unha ducia de ocasions de gol.



E iso que o Coruxo marcou aos dous minutos de partido, despois dunha efectiva saída de presión que culminou Aarón picándolle o balón ao porteiro colexial. Pero a resposta dos amarelos non se fixo esperar e Lino empurraba un rexeite que quedaba no área para asinar o empate. Chino tería dúas ocasións para igualar o encontro, unha delas estrelada na cruceta, e Aarón voltaría a ter ocasión de batir a Alejandro, pero ésta vez non estivo acertado. Máis sería o Montecastelo quen marcaría de novo, nunha contra ben finalizada.



Ao comezo da segunda metade, Óscar creu unha xogada que el mismo mandou fóra por milímetros, pero non foi a única ocasión, o Coruxo empurraba, cada vez máis có corazón que con fútbol sala e o Montecastelo ampliaba a súa vintaxe con dous goles. O Coruxo non baixaría os brazos e o gol que recurtaba distancias chegaría demasiado tarde. Éste sábado houbo un equipo que mereceu máis, e non obtivo o triunfo, pero o verdadeiro triunfo será cando éstes xogadores dean moitas alegrías no equipo de Nacional.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet