Tí es @ visitante número:

4.6.09

INTERESANTE FIN DE SEMANA

LIGA NACIONAL JUVENIL:

O Coruxo FC xoga o vindeiro sábado ( 19.00; Municipal de Viveiro) a volta das semifinais da Copa Galicia. O resultado da ida foi un apretado 5-6 para os campións de Liga, o Porto Celeiro de Viveiro (cun gol de Nes e outro de Parra, dous ex-Hispanidade, a parte de Álvaro, Javi Hernández e Alexito) pero o equipo vigués confía en remontar a eliminatoria na Mariña lucense. Na outra semifinal, o Autos Lobelle manda 3-1 sobre o Azkar Lugo, aínda que a eliminatoria decidiráse en Lugo.
COPA PROVINCIAL XUVENIL:
Ás 10 da mañá do sábado enfróntanse nas Travesas o campión de Primeira División, SD Pazos de Borbén, fronte ao subcampión de Segunda, o Redondela FS. Ás 11 horas, teremos ao subcampión de Primeira, o Vigo 2015, buscando praza na final fronte ao IES Coruxo, campión de Segunda división.
COPA PROVINCIAL CADETE:
O Coruxo FC enfróntase ao Carmelitas, o sábado (12.00; Frontón, Travesas) tamén nas semifinais de Copa. A seguinte hora estará ocupada pola outra semifinal: Montecastelo - Coruxo.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet