Na plantilla do Hispanidad hai quince xogadores, e a gran maioría deles xogan a fútbol once. Algúns, como é o caso de Agujetas (R.C. Celta) ou Raúl (Sárdoma) e Nico (Areosa), en grandes equipos de División da Honra, con altas pretensións. Bertolito, Javi Sucasas (Santa Marina) e André (C. Hogar) tampouco se quedan curtos, con equipos na máxima División Galega, pero con obxectivos máis pequenos.
Pero é sabido por todos que nesta tempada, catro dos nosos xogadores chegaron ao campo da Mina para adestrar e gañar físico, e de paso divertirse xogando nun campo dos grandes.
Despois dunha tempada sen penas nin glorias, con moi poucas alegrías para o equipo azulgrana, o plantel despedíase na tarde de hoxe nun abarrotado Campo Federativo.
Era un "Alerta Traviesas - Pereiró", penúltimo e último respectivamente, e con poucos puntos de diferencia (Se os visitantes gañaban superaban aos rivais na táboa).
O partido comezou mal para os "nosos", xa que nos primeiros minutos encaixaban un gol no que Aldo non puido facer nada. Pronta foi a reacción e Piñeiro, xogador do Gleming FS, marcaba a pracer ante un grandísimo centro de Antón, o noso Antón.
Logo os locais voltaron a adiantarse, nunha falta de lonxe na que Aldo non saíu. O Pereiró atacaba pero non conseguía o empate, pero xusto ao fio do descanso, Crespo (sí, o do Hispanidad) enganchaba unha volea que quedaba no fondo das maias. Novo empate no marcador e protagonismo dos nosos.
Na segunda metade, volveu a aparecer Crespo, marcando o tres a dous. Pero logo a árbitra decidíu amargarlle a despedida ao equipo no seu derradeiro encontro e non pitou dous penaltis (un a Antón e outro a Crespo, éste último foi expulsado polas súas protestas). E logo o Alerta atacou e conseguíu dous goles, (o segundo en clarísimo fóra de xogo).
Unha mágoa de despedida, nun gran partido do Pereiró, que despide esta tempada cunha soa vitoria.
Destacar a labor de Estévez, Crespo, Antón e Aldo pola parte do Hispanidad, pero non son os únicos: Nenu, Mateo ( O "Gran Capitán"), Piñeiro, Vilaboa, Suso (Outro crack), grandes xogadores en fútbol once e co seu equipo de fútbol sala, o Gleming. Tamén os que non xogan ao futbito: Erosa, Mario, Jan, Roberto, o grande Omar, etc...
Xuntos non conseguiron títulos nin vitorias en demasía, pero iso é o de menos cando se pasa tan ben coma nós nos partidos.
2 comentarios:
aldinho me emociono que nos dediques una parte de tu tiempo al gran Pereiró y mas si contamos cn q m tratas de crack. Aunque no ganamos una mierda este año fue un placer contar en la plantilla con un portero de la talla del mismisimo Aldo Dagraza y como no con el inconbustible Anton, weno q qde q el gol de piñeiro fue de centro mio no de Anton pero weno...XD gracias aldinho por tu entrega y esfuerzo
me parece muy ben que hagais comentarios del partido pero mirar lo que poneis el alerta no iba penultimo,estaba bastatnte mas arriba en la clasificacion
Publicar un comentario