Tí es @ visitante número:

4.9.07

O HISPANIDADE GAÑA E CONVENCE

Suso Recouso, adestrador do equipo cadete


PRESENTACIÓN CON VITORIA




JRT/VIGO. O equipo cadete do Hispanidade para esta tempada, coñecido como Baby Hispanidad, comezou hoxe a súa andadura para esta tanto dura como prometedora tempada. O acto de presentacion foi seguido por arredor duns 18589 afeccionados nas instalacións municipais do Colexio Chouzo (datos: axencia EFE). O acto de presentación comezou con Joan Emiliano Serrat cantando o himno do Hispanidade ante un público entregado totalmente, e logo o partido entre o Hispanidade e o Mercantil, como comezo de andadura trala dura pretemporada realizada polo Hispanidad tanto en Castrelos como na pista central do Pavillion das Travesas. Tras realizar os pertinentes saltos do valado do colexio por cada un dos membros dos dous equipos, procedeuse a presentación dos xogadores, o correspondente e profesional quecemento dos xogadores do Hispanidad e posteriormente comezaría o partido.

Mentres a megafonía ía anunciando os nomes dos xogadores a afección ía abarrotando o campo, cabe destacar a presenza das afeccionadas de Fondo: Lore, Paulita, Rakel, Aurea e outro nova membra pertencente aos Ultras do equipo branquiazul que animaron con forza durante o partido ó conxunto blanquiazul e que aínda que se tentou contelas cunha valla finalmente conseguiron entrar as beiras do campo (as forzas de seguridade do estado non puideron facer nada para evitalo, asemella que o Hispanidade terá que pagar una multa pola invasión de campo). Este sector da afección protagonizou algún incidente que foi resolto polas forzas de seguridade do estadio e rematou coa detención de Aurea e a nova membro que no foron quen de entrar nas instalacións deportivas.

O Hispanidade non dispuxo de todo o seu plantel para a disputa do seu primerio amistoso pero sí foron convocados: Alex Fernández, Germán, Marcos, Alex, Moreira e Bombi, tamen xogaron un dos seus derradeiros partidos neste deporte os membros do corpo técnico: Antón Conde, Aldo Dagraza e Suso. Polo tocante o Mercantil si dispuxo de tódolos seus xogadores agás Pepe para disputalo encontro.

O encontro comezou co 5 inical por parte do Hispanidade formado por: Aldo, Marcos, Germán, Alex Fernández e Alex. O encontro comezou cun xogo tranquilo por parte dos dous equipos pero pronto a calidade de Alex Fernández unido a actuación do resto do grupo adiantaría o equipo local. O Hispanidad non tivo maiores compricacións a pesar das rotacións para superar a un equipo formado na sua maioría por compoñentes de maior idade, o marcador foise agrandando pouco a pouco ata abrirse de forma total a favor do Hispanidad. O Mercantil tratou de defenderse pero tan só puido marcar un gol e o resultado final foi de 5-1 favorable o Hispanidad, cabe destacar a gran actuación de Alex Fernandez e un penalti favorable o Hispanidad non sinalado polo colexiado. En favor do Hispanidad hay que engadir ademáis do bo resultado colleitado que era o primeiro partido que xogaban xuntos e no seu rival xogan xuntos dende vai tempo.

Para concluir esta crónica sobre o partido, quero destacar a ausencia dunha socia de honra (Anahí) que non puido acudir o encontro para ver o partido dende o palco por motivos persoais, ainda así o equipo superou ese baixón emocional e puido disputar o encontro.
Nas vindeiras semanas tratará de organizarse máis partidos contra equipos pertencentes a liga na que o equipo xogará os seus partidos durante a tempada e así poder medir o seu estado de forma.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

suso y aldo grandes entrenadores ahora loque teneis qacer es meterle caña al ligon y al Alex (el negro)que son dos jugadorazos con eses dos y german atras ganais la liga y si sumas el ermano del Nes que debe tener mas o menos clase km el ermano estais dentro

Anónimo dijo...

Aldo coño!!! te dije q escribia yo la cronica!!! mañana mismo m la pones eh!!!! tio hay equipo y cuerpo tecnico xD x cierto anton y yo tubims roces cn la aficion q ya te contare...xD este año ganamos xDD y en breves me quiero ver en la encuesta a mejor entrenador xDDD

Anónimo dijo...

Aldo coño!!! te dije q escribia yo la cronica!!! mañana mismo m la pones eh!!!! tio hay equipo y cuerpo tecnico xD x cierto anton y yo tubims roces cn la aficion q ya te contare...xD este año ganamos xDD y en breves me quiero ver en la encuesta a mejor entrenador xDDD

Anónimo dijo...

ALDO TE PASAS TIO, TU VAS PARA POLÍTICO CON ESA LABIA. CHAU.

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet