Crónica de Sergio Aldao.
Hoxe disputouse “O partido contra as drogas”, promovido polo Hispanidade Fútbol Sala, que rematou con táboas no marcador (8-8). Notábase que era un partido benéfico e o que se víu no terreo de xogo foi puro espectáculo. Os quintetos iniciais estiveron plagados de estrelas, e os banquiños non se quedaron curtos. Por parte das “Vellas Glorias (e futuras no equipo” xogaron Roni na portería, David Cañada “Ñicas” e Sergio Ferreiro como defensa sólida e Antón na dianteira formando parella de baile con Raúl González. No banquiño, aínda que tiveron moitísimo protagonismo, estaban Óscar (que fixo un triplete) e Patxi, que incluso marcou un gol que correu a celebralo coa súa parella, animando incesantemente dende as bancadas. O “BabyHispanidade”, tamén chamado popularmente Nuevas Juventudes, presentou unha alineación insólita: Germán actuou de porteiro, e Penéles actuou con Bombi na defensa. Arriba actuaron Álex Reza, “Ali” para as raparigas, xunto co adestrador-xogador, o mundialmente coñecido Jesús “Suso / Yisus” Recouso. No banquiño, e facendo á vez de pasador de auga e quentador do mesmo, estivo Adrían Moreira.
O partido, a penas sen incidencias (os corpos de seguridade tiveron que pechá-las portas co pavillón cheo, cando a xente intentaba colarse ata polos conductos de ventilación) pero aínda así houbo máis de cinco mil gorxas apoiando ás dúas faccións do HFS.
Os goles das “Vellas Glorias” fóron moi variados e variopintos: Óscar Rodríguez, alias “O enchufado do fillo do presidente” (é fillo de Xermán Rodríguez, máis coñecido como Richard Gere II, o presidente de este o noso clube) marcou 3 tantos de bela factura ante a imposíbel estirada do cancerbeiro Germán Otero. Tamén marcou Ñicas cando o seu equipo máis o precisaba (2 tantos) e o debutante Patxi, unha grata sorpresa na defensa. Raúl e Antón firmaron un gol cada un.
Por parte do “Baby”, non houbo moita historia xa que marcou Álex Reza sete dos oito goles, despois de empurralos todos na liña de gol defendida por Basualdo, cun equipo detrás que traballaba para el (o gol restante empurrouno, esta vez, Suso Recouso na liña, que buscou o gol con insistencia durante todo o encontro e ao seu 157º tiro conseguíu empurrala ben).
O partido, a pesares da amizade entre os xogadores, non estivo exento de polémicas, xa que o árbitro Bernardino González Vázquez non estivo hoxe moi fino (deu por legal un gol de Álex Reza con falta previa de Peneles a Antón, na que Peneles xa parecía Jackie Chan con entradas criminais; posteriormente pitou un penalti que Ronaldo parou cunha incríbel estirada, a Álex Reza, que non para de saír nesta crónica e non fixo nada). Pola súa parte, os xogadores do “Baby” queixáronse das duras entradas de Patxi e Antón, para cortar tanta calidade... Nada certo.
Cando o partido estaba nas últimas, e as Vellas Glorias perdían gracias ao empurre (literalmente) do gran Yisus Recouso, apareceu a estrela, o inconfundíbel, aquel ao que Aldo Dagraza botáballe ás culpas dos goles encaixados aínda cando estaba no banquiño no primeiro ano do HFS. O mesmo, David Cañada, que aproveitou un rexeite para levantar á afección dos seus asentos.
Despois disto, o partido puido acabar mal se non interfiren entre ambos bandos ás forzas de seguridade e as mozas dos xogadores, aínda máis fortes (sen intención de seren desagradábeis, algún incluso nos vestiarios parece que foi atendido polo corpo médico, cun traumatismo cráneo-encefálico leve provocado por un pirolazo de Peneles).
O dito, un bó partido, moito espectáculo, goles e risas. Pero lembrade, mañá ás 13 horas no Colexio Salesianos e o domingo ás 11 en Balaídos! Máis do mellor!
2 comentarios:
quiero comunicar al director ejecutivo de este fotolog que está en marcha una denuncia contra toda persona que colabore en este blog,ya que se ha empleado mi nombre en algo que yo no he escrito,ya que el artículo original lo tengo yo guardado,prueba irrefutable que me dara la razón en los tribunales,porque ese texto está totalmente cambiado al que yo envié al redactor del blog.Solo os digo que dejo este trabajo,que tendreis noticias de mi avogado y que como no digais en la prensa que ese artículo no lo he escrito yo si que se os va a caer el pelo.
un cordial saludo.
el pirolazo se lo di al raul xDD
penelex, pollalex
Publicar un comentario